Novas 2023

COMPETICION

24 Xul 2023

Último Longo CaixaBank: Sestao e Castro-Urdiales

Último Longo CaixaBank: Sestao e Castro-Urdiales

Fala a patróns máis destacado

A regata en ría e en mar aberto desta fin de semana tivo un dominador en ambas xornadas: Bermeo Urdaibai. Grazas ás dúas vitorias, a Bou Bizkaia recupera o liderado da Liga Eusko Label cun punto de vantaxe respecto a Hondarribia. 
 
Na xornada do sábado na XXII Bandeira Concello de Sestao – Centenario Kaiku, tras os tres primeiros longos igualados, Bermeo Urdaibai conseguiu mostrar a proa da regata nos últimos metros para acadar a terceira vitoria da tempada. Co segundo posto de Zierbena Bahías de Bizkaia e o terceiro de Hondarribia, os biscaínos colocábanse como líderes da Liga Eusko Label grazas á diferenza de vitorias con respecto á Ama Guadalupekoa. 
 
Na xornada do domingo, na XI Bandeira CaixaBank, a Bou Bizkaia foi a mellor traiñeira dende o segundo longo, onde conseguiu abrir a diferenza sobre os rivais da quenda. Esta vitoria implicou que Bermeo Urdaibai acabase a fin de semana co maillote vermello de líder da Liga Eusko Label, cun punto de vantaxe sobre Hondarribia que foi segunda en augas de Castro-Urdiales. 
 
Gorka Aranberri, patrón de Bermeo Urdaibai, tamén subiu ao barco de Castro Urdiales para recoller o maillote de mellor patrón CaixaBank. O patrón zarauztarra perdía o liderado tras a xornada do sábado a favor de Unax Eizagirre, pero despois do domingo voltaba recuperar o maillote da entidade financeira. Un punto separa os dous patróns de Urola Kosta na clasificación, 57 e 56 puntos respectivamente, mentres que Cristian Garma, de Itsasoko Ama -Santurtzi, achégase con 54 puntos. 

Voltar