Novas 2013

ENTREVISTAS

31 Xul 2013

"AÍNDA ESTANDO COMO ESTAMOS, A TEMPADA ESTÁ SENDO DE 'CHAPEAU'"

"AÍNDA ESTANDO COMO ESTAMOS, A TEMPADA ESTÁ SENDO DE 'CHAPEAU'"

Ivan Echeverría, remeiro de Castreña

“Nós non nos imos render”. Así de seguro móstrase Ivan Echeverría, unha das voces autorizadas da Castreña (Castro Urdiales, 31 anos). Os cántabros parecían destinados á praza de descenso directo hai unhas semanas, mais despois das boas regatas de Getxo e Zumaia achegáronse a catro puntos do posto de play-off. Medrou a esperanza en Castro, aínda que a falta de seis regatas, saben que non teñen moita marxe para fallar.

 

Parecía que a semana pasada estabades mortos, e agora todo o contrario. Como esta Castreña despois de se ter achercado a catro puntos de Zumaia?

Viuse que non estamos mortos, e que estamos convencidos de que temos que ir a por Zumaia. Non hai máis volta de folla. Temos que tentar deixar atrás como sexa o último posto. Levamos unhas semanas pagando o lastre da mala regata de Portugalete, e  custounos darlle a volta. Fican seis regatas, matematicamente o posto de play-off está ao noso alcanzo, e imos loitar por conseguilo.

 

Non debe ser doado non caer no pesimismo.

Aquí nunca se rendiu ninguén. Nin nós os remeiros, nin o adestrador, nin a directiva, ninguén. Fican dúas regatas complicadas, San Pedro e Portugalete coa ría e os seus carreiros, e a derradeira na casa, en Castro. Iremos a cara de can, porque se non afundimos.

 

Muda moito a cousa estando a 7 puntos do 11º clasificado, ou estando a 4?

Non creas. En Getxo demostramos que ademais de a Zumaia, podemos deixar por detrás a algunha outra embarcación. Non fomos novenos por 40 centésimas, e teria sido un punto moi importante. O obxectivo primordial é deixar por detrás de nós a Zumaia, e se se pode, meter algunha outra embarcación. Postos a pedir, gustaríame que non chegaramos a Castro, á derradeira regata para nós, con todo por decidir.

 

Como ves as seis regatas que fican?

Como seis finais. Quizáis teñamos marxe para ficar detrás de Zumaia nunha regata, pero mellor non pensar niso. A punto por regata tamén nos pode valer.

 

Xusto cando mellor parece que estades, chega o descanso de dúas semanas. É bo ou é malo?

Malo non pode ser, porque o cansanzo vaise acumulando, e parar ou recuperar uns días ven ben.

 

Antes de comezar a tempada, todo o mundo vos daba como candidatos para ocupar unha das dúas últimas prazas. Como vivistes esa situación?

Foi duro. Para min tamén era un reto voltar, porque o panorama non era doado. Ficamos 6 ou 7 remeiros do ano pasado, e tivemos que completar o barco cos remeiros da B. Mozos con ganas, pero novos e que precisan regatas e experiencia. Hai que ter en conta que o ano pasado remaban na ARC-2, e en postos medios. Olla, dábannos por mortos, e estamos vivos. ‘Chapeau’ pola grande tempada que estamos a facer.

 

Castro viviu o mel do éxito, e as penurias da crise. Ti vivistes as dúas situacións, como está a afección.

É obvio que a loita polas bandeiras atrae a máis xente, pero os que nos apoian fano a morte, e para eles vai o meu agradecemento.

 

Ti tamén arriscaches ao voltar á Castreña. Que se che pasa pola cabeza agora?

Eu estiven en Santurtzi o ano pasado, sabía o que había, e vin consciente diso. O adestrador Cuero animoume a voltar, e quixera agradecerllo, xa que se Castreña resiste, é porque Cuero confía en nós.

Voltar