Novas 2013

COMPETICION

03 Xul 2013

A LIGA SAN MIGUEL CHEGA POR PRIMEIRA VEZ A SANXENXO, CORAZÓN TURÍSTICO DE GALIZA

A LIGA SAN MIGUEL CHEGA POR PRIMEIRA VEZ A SANXENXO, CORAZÓN TURÍSTICO DE GALIZA

O vindeiro sábado disputarase a primeira edición da Bandeira Nauta Sanxenxo

A caravana remeira rende pleitesía a un dos seus lugares preferidos: Galiza. Como todos os anos, a Liga San Miguel fará parada e fonda nese país, pero esta vez farao nun novo escenario, na vila turística por excelencia de Galiza: Sanxenxo. Sanxenxo é coñecida polas súas belidas praias, e por un récord que moitos municipios quixeran para si: ten máis bandeiras azuis que ningún outro lugar do Estado. O sábado 6 de xullo, ás 18h00, os miles de turistas que gozan da calidade das praias poderán desfrutar dunha competición sen igual na cornixa atlántico-cantábrica.


 

A Liga San Miguel ofrece espectáculo alá onde vai, pero non cabe dúbida que a primeira presenza sempre é especial. Ademais, a cita do sábado ten un compoñente especial: a embarcación galega de Tirán-Pereira chega á súa terra en plan triunfal, despois de ter ondeado a VI. Bandeira Ambilamp na ría de Portugalete o pasado domingo. Grazas a esa victoria, os de Moaña remarán na quenda de honra xunto os tres mellores barcos deste principio de tempada: Kaiku-Ambilamp, Orio Babyauto e Urdaibai Umpro Avia. Un aliciente máis para todos os galegos que se acheguen até Sanxenxo.


Este mediodía levouse a cabo a presentación da BANDEIRA NAUTA SANXENXO, na Sala de Exposicións de Nauta Sanxenxo. Alí acudiron a alcaldesa de Sanxenxo, a Sra. Catalina González Bea, a concelleira da área de deportes, a Sra. María Isabel González, o presidente de Amegrove, o Sr. Manuel Fandiño, e o Sr. Iñaki Mikeo, xerente da ACT. A regata será a 4ª puntuábel da Liga San Miguel, e repartiranse 22.500 euros en premios. A proba comezará ás 18:00. Unha hora antes, ás 17:00, disputarase a regata da Liga Galega de Traíñas, en concreto a regata da Liga A, tamén denominada Bandeira Nauta Sanxenxo.

Voltar