Novas 2023

COMPETICION

01 Xul 2023

Suspendida a primeira xornada da Bandeira Cidade da Coruña

Suspendida a primeira xornada da Bandeira Cidade da Coruña Suspendida a primeira xornada da Bandeira Cidade da Coruña

Por non se garantir a posibilidade de embarque das 20 traiñeiras, o Comité Técnico decidiu suspender a primeira xornada pola seguridade dos e das deportistas

O Comité Técnico presidido por Benigno Silva, tomou a decisión de suspender a regata priorizando a seguridade dos participantes na primeira xornada da VII – VI Bandeira Cidade da Coruña.    

Esta decisión tomouse logo de comprobar in-situ a impossibilidade de que as 20 traiñeiras fosen poder embarcar sen problemas na enseada do Orzán, antepúxose, daquela, a seguridade dos e das deportistas á competición. Así, decidiuse que a primeira xornada da tempada 2023 non se despute.

Reunión clubs – ACT    
Ás 18:00 horas realizouse unha reunión no Polideportivo de Riazor entre os membros da Directiva da ACT, Comité Técnico e os clubs participantes da Liga Eusko Label e Liga Euskotren para valorar a situación da xornada e analizar a desputa da segunda xornada da Bandeira Cidade da Coruña. Neste último caso, falouse de diferentes alternativas que se estudarán ao longo da tarde, para que no caso de que mañá fosen necesarias, escoller a mellor opción.
 

Voltar