Novas 2023

COMPETICION

29 Xu˜ 2023

A Coruña preparada para a estrea

A Coruña preparada para a estrea	A Coruña preparada para a estrea

A enseada do Orzán estreará a histórica tempada coa desputa da VII e VI Bandeira Cidade da Coruña    

A Bandeira Cidade da Coruña será a encargada de arriar a estacha desta histórica tempada. Será a primeira proba do calendario tanto da Liga Eusko Label como da Liga Euskotren, onde os doce equipos da competición masculina, e oito da feminina, tratarán de conseguir a primeira bandeira da tempada que encetan esta fin de semana.    

Esta mañá realizouse a presentación da VII e VI Bandeira Cidade da Coruña no Concello da cidade, onde participaron Gonzalo Castro, terceira tenente de alcaldesa da Coruña e Borja Rodrigo, presidente da ACT.    

"A Coruña conta coa capacidade e as infraestructuras, tamén naturais como o mar, para acoller, ano a ano, grandes eventos e competicións deportivas como esta primeira xornada da Liga Eusko Label e Liga Euskotren", asegura Castro.
 
"O feito de estar 7 anos consecutivos nesta grande cidade, é reflexo da importancia que ten para nós comezar nunha cidade de referencia, punteira, e que é un sitio atractivo para o nosos proxecto", indica Rodrigo.

SORTEO DE QUENDAS    
Durante a presentación tamén se realizou o sorteo de quendas para a primeira xornada da tempada. Daquela, o sábado na primeira quenda da Liga Euskotren ás 17:30 horas vogarán, Nortindal Donostiarra, Donostia Arraun Lagunak, SD Tirán Pereira e Tolosaldea AK, mentres que ás 17:53 horas competirán  Hondarribia Bertako Igogailuak, Orio Orialki, Hibaika Jamones Ancín e CR Cabo da Cruz.    

Na competición masculina, ás 18:26 comezarán a competir as primeiras catro traiñeiras Hondarribia, Samertolameu Fandicosta, Ondarroa Cikautxo e Kaiku Berez Galanta. Ás 18:55 horas, será a vez de Orio Orialki, Getaria, Lekittarra-Elecnor e Zierbena Bahías de Bizkaia, mentres que ás 19:24 pecharán a xornada Itsasoko Ama Santurtzi, CR Cabo da Cruz, Amenabar Donostiarra e Bermeo Urdaibai.    

Na xornada do domingo, as catro traiñeiras femininas co peor rexistro do sábado serán as primeiras en competir ás 11:25 horas, mentres que os catro equipos co mellor tempo comezarán ás 11:48 horas. No caso da competición masculina, as catro traiñeiras co peor rexistro comezarán a vogar ás 12:21 horas, as seguintes comezarán a regata ás 12:50 horas, mentres que as traiñeiras co mellor tempo do sábado vogarán a partir das 13:19 horas.    

A suma dos tempos das dúas xornadas decidirá a gañadora da Bandeira Cidade da Coruña en ambas competicións, que se entregará despois da xornada do domingo.
 

Voltar