Novas 2023

COMPETICION

25 Mar 2023

A nova tempada comezará na Coruña!

A nova tempada comezará na Coruña! A nova tempada comezará na Coruña!

A histórica Liga Euskotren con oito participantes femininas desputará catro xornadas en augas galegas 

A menos de 100 días para o comezo da tempada, os socios da ACT aprobaron esta mañá no Museo do Pescador de Bermeo tanto o orzamento do exercicio 2023 como o calendario para a presente campaña. O orzamento aprobado garante un atractivo calendario para as dúas competicións organizadas pola ACT, que se consolidan acadando as 10 semanas de competición, coa desputa de 20 xornadas da Liga Eusko Label e 14 da Liga Euskotren. 

A primeira fin de semana de xullo, A Coruña será a testemuña das primeiras padas desta histórica tempada, que contará por primeira vez con oito participantes femininas na Liga Euskotren. A tempada, sen descanso até setembro, culminará no caso da Liga Eusko Label o 17 de setembro coa desputa da Bandeira El Corte Inglés – Concello de Portugalete e coa entrega ao gañador da Liga da Corona CaixaBank .

Ao longo do verán, os clubs da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren desputarán catro xornadas en augas galegas sendo a primeira vez que a competición feminina despute 4 regatas en Galiza. Moaña acollerá un destes catro encontros para as mellores traiñeiras que, co ascenso de Samertolameu, voltará vibrar coa competición e a FAN ZONE como xa o fixera nas tempadas 2009 e 2015. Cantabria tamén terá presenza no calendario coa tradicional desputa da Bandeira CaixaBank en Castro-Urdiales e o País Vasco, con 15, será o territorio que máis xornadas de traiñeiras acolla neste 2023.

Ao remate da Asemblea, e seguindo coa tradición da Asociación, o club local, Bermeo Urdaibai, vixente campión da Liga Eusko Label convidou os socios da ACT ao xantar, que decorreu no Restaurante Eneperi.

Voltar