Novas 2023
ASOCIACION
03 Feb 2023
"O ADN da ACT segue máis vixente que nunca"
Borja Rodrigo analiza as chaves da súa cuarta lexislatura á frente da Asociación
Na Asemblea que decorreu o pasado sábado, os socios voltaron reelixir a Borja Rodrigo como presidente da Asociación, depositando así a súa confianza nel para que afronte a súa cuarta lexislatura á frente da Asociación. Para os dous vindeiros anos, Rodrigo continuará a contar coa axuda da súa actual Xunta Directiva, formada por Pedro Olmedillo, Txema Vizcaíno e Daniel Vázquez.
Rodrigo síntese "con toda a vontade e motivación necesaria, grazas a que o ADN da Asociación segue máis vixente que nunca, así como o apoio maioritario da Asemblea". O Presidente tamén ten claro cal será a liña de traballo para a nova lexislatura. "En primeiro lugar o nivel da competición deportiva, en segundo lugar, en todas as marcas tanto públicas como privadas que nos acompañan, e por último, seguir a ser unha competición que goce do interese no noso contorno", sinala Rodrigo. Sen esquecerse de lle dar a visibilidade necesaria ao remo feminino e seguir reforzando e tendo presenza a nivel de competición en todo o cantábrico, País Vasco, Cantabria e Galiza.
E por último, o biscaíno admite que se comezou a traballar nunha nova e apaixonante tempada, que espera que "estea ao nivel do que o público e o contorno que nos rodea agarda".