Novas 2019

ESPECIAL

24 Xul 2019

Dúas vitorias no segundo ano do seu debut

Dúas vitorias no segundo ano do seu debut

Santurtzi Iberdrola ven pisando forte malia teren ascendido hai dúas tempadas á máxima categoría por primeira vez na súa historia
 

Non é extraño que os equipos que acaban de ascender á máxima categoría do remo estean nos postos máis baixos da clasificación polo menos durante as dúas primeiras tempadas. É evidente que mellorou de forma significativa o nivel dos equipos máis estábeis da Eusko Label Liga, polo que os equipos que ascenderon do segundo nivel para o primeiro adoitan ter maior dificultade para se manteneren na máxima competición. En todos os ambitos da vida, e por suposto no mundo do remo, a paciencia e o tempo son precisos para recoller o que se sementa. 

Porén, Santurtzi Iberdrola rachou os esquemas habituais tendo en conta o que conseguiu nos dous últimos anos. Durante a pasada campaña 2018 a Sotera estreouse na Eusko Label Liga e tivo un grande comezo, xa que o equipo preparado por Iker Zabala acabou no quinto lugar. Polo tanto, Santurtzi Iberdrola é o equipo que no seu primeiro ano, recén ascendido, conseguiu o mellor posto da clasificación xeral na historia da Eusko Label Liga. Na presente tempada, o equipo biscaíno está a vogar á par dos galos da categoría, e actualmente, a Sotera ocupa a cuarta posición da clasificación xeral, a dous puntos de Zierbena Bahías de Bizkaia, segundo clasificado. Ademais, o equipo garda nas súas vitrinas as dúas primeiras bandeiras da Eusko Label Liga. A Sotera, patroneada polo veterán Juan Mari Lujambio, fíxose por primera vez na súa historia coa bandeira da máxima competición en Lekeitio, e a segunda, a bandeira de Sestao do pasado domingo, en augas de Portugalete.

Santurtzi Iberdrola leva apenas dous anos na Eusko Label Liga, mais se analizarmos a tripulación de Iker Zabala, conta nas tostas da traiñeira con remeiros de moita experiencia e con vitorias ás súas costas. Está claro que os santurtziarras están a ser rivais directos dos equipos máis fortes da competición, e que a estes últimos non lles será nada fácil impórenselle á Sotera.

Voltar