Novas 2017
ESPECIAL
18 Xul 2017
Unha estrea con moita expectación
O espigón de Ares encheuse de afeccionados ao remo para gozaren da estrea da súa regata na máxima competición de traiñeiras
O pasado domingo, con motivo da sexta xornada da loita pola Coroa CaixaBank, a vila de Ares recibiu por primeira vez unha regata da Eusko Label Liga, razón pola que o espigón da localidade se encheu de xente con camisolas coas cores dos seus equipos, onde predominaba a cor azul da ‘Santa Olalla’.
O bo tempo acompañou a unha grande xornada de remo na que toda a vila gozou coa presenza das 12 traiñeiras da competición e da marabillosa regata que estas ofreceron.