Novas 2017
ESPECIAL
18 Xul 2017
Até a próxima A Coruña!
Tras a desputa da xornada do sábado a Eusko Label Liga despídese da Coruña até a tempada que vén
O pasado sábado a baía do Orzán recibiu a visita das mellores traiñeiras do momento coa desputa da Bandeira Cidade da Coruña, nome que recibía a quinta xornada desta tempada da Eusko Label Liga. Entre o vento e as ondas, os asistentes á proba puideron gozar do mellor espectáculo deportivo acompañado dun marco incomparábel.
Mais isto non foi un adeus, senón un deica logo. A loita pola Coroa CaixaBank despídese da Coruña até a tempada que vén, cando a caravana da Eusko Label Liga ao completo volte á capital galega para desputar a II Bandeira Cidade da Coruña.