Novas 2015

COMPETICION

01 Xul 2015

Sanxenxo abre o primeiro fin de semana galego

Sanxenxo abre o primeiro fin de semana galego

Esta mañá celebrouse o acto de presentación da III Bandeira Nauta Saxenxo

Ao deixar atrás a xornada inaugural da Liga San Miguel deste ano en terras andaluzas, a competición volve ao seu hábitat natural onde este sábado se desputará a III Bandeira Nauta Sanxenxo na localidade pontevedresa de Sanxenxo. Con esta regata, a Liga San Miguel estreará o seu primeiro fin de semana en territorio galego. Esta mañá celebrouse a presentación desta bandeira na Sala de Exposicións Nauta Sanxenxo.

Este sábado, 4 de xullo, a partir das 18:00 horas as traíñas dos 12 equipos da Asociación enfrontarán un campo de regatas onde completarán unha distancia de 3 millas coas balizas interiores situadas na Praia de Silgar, ao pé do club Náutico. Nesta segunda xornada da Liga San Miguel, a composición de quendas vén definida pola clasificación xeral, polo que na primeira quenda remarán Samertolameu Rodman Group, Zierbena Bahías de Pasaia, Portugalete Eulen e San Pedro Ecolmare. Na segunda quenda estarán presentes Astillero, Tirán Pereira, Cabo e San Juan Iberdrola. Por último, na quenda de honra vogarán Kaiku Producha, Orio Babyauto, Urdaibai Avia e o actual líder da Liga San Miguel, NT2 Hondarribia.

O acto de hoxe estivo presidido por Jesús Sueiro, concelleiro de deportes do Concello de Sanxenxo, e Mario Vidal, membro da Xunta Directiva da ACT. Jesús Sueiro salientou a importancia de "acoller unha competición de tal nivel" para unha cidade con unha relación "tan estreita co mar". Pola súa banda, Mario Vidal quixo animar a toda a xente de Sanxenxo e arredores a se achegaren a "gozar deste grande espectáculo".
 

Voltar