Novas 2015
ESPECIAL
25 Xu˜ 2015
Málaga, capital do remo
Esta mañá presentouse a III Bandeira Euskadi Basque Country no Concello de Málaga e realizouse o sorteo de quendas
Esta mañá o Concello de Málaga acolleu a presentación de xeito oficial da III Bandeira Euskadi Basque Country, cidade que albergará no domingo a partir das 12.00 horas o comezo da Liga San Miguel na Praia de La Malagueta. O acto estivo presidido por Francisco de la Torre, alcalde de Málaga; Itziar Epalza, viceconselleira de turismo do Goberno Vasco, Jaime Arturo Valdés delegado de Cervexas San Miguel en Málaga; e Xabi Zubiri, director de comunicación da Liga San Miguel. Un encontro que servirá unha vez máis para continuar expandindo o mundo do remo e que vén apoiada pola Consellaría de Turismo do Goberno Vasco e máis San Miguel.
Como vén sendo habitual, a regata será retransmitida en directo pola ETB1 e TVG, así como pola 101 Televisión Málaga. A proba terá un campo de regateo inédito para as traíñas e as balizas de saída e chegada estarán en plena praia de La Malagueta. Aproveitando a presentación, XXXXX, Itziar Epalza e XXXX, realizaron o sorteo de quendas e este deparou o seguinte:
Primeira Quenda: Tirán, Orio Babyauto, Zierbena Bahías de Bizkaia e Urdaibai Avia
Segunda Quenda: Astillero, Samertolameu Rodman Group, NT2 Hondarribia e Portugalete Eulen
Terceira Quenda: San Juan Iberdrola, Cabo, San Pedro Ecolmare e Kaiku Producha
Mais, para alén do puramente deportivo, o fin de semana será moi extenso e chegará cargado de actividades. Haberá exhibición de herri kirolak, gastronomía vasca e actividades musicais no village instalado entre o Paseo da Farola e o Muelle Uno. Precisamente neste punto, no das actividades musicais, San Miguel preparou un programa variado no escenario San Miguel coa presenza o sábado a partir das 21.00 horas de We Are Standard, Stone Pillow e We Are Not Dj’s.
O Concello de Málaga, con Francisco de la Torre á cabeza, quixo sinalar que “para Málaga recibir un acto deste tipo é moi importante e convido a todos os malagueños e visitantes a non perdérense este trepidante fin de semana”. Pola súa banda, Itziar Epalza quixo sinalar que “o noso obxectivo é traer toda a esencia de Euskadi a Málaga, e que mellor que facelo coas traíñas”. De San Miguel, Jaime Arturo Valdés, apuntou que “nos enche de orgullo darlle a oportunidade de gozar da Liga San Miguel a unha das cidades máis bonitas do sur”. Mentres, Xabi Zubiri quixo agradecer enormemente “tanto ao Goberno Vasco como a San Miguel por seguir apostando polo remo e facéndonos medrar deste xeito”.