Novas 2019
COMPETICION
22 Xu˜ 2019
A ría tínxese de amarelo
Orio Babyauto gaña a X Bandeira de Bilbao, e así, viste o maillote do líder da Eusko Label Liga
A “San Nikolas” de OrioBabyauto impúxose con autoridade na primeira regata da Liga Eusko Label 2019 na que superou a todos os seus rivais. Os mozos de Jon Salsamendi levaron unha valiosa vitoria na contra o reloxo inaugural cun rexistro de 19’31”22, e unha vantaxe de 12” sobre Santurtzi Iberdrola. Deste xeito, os primeiros 12 puntos da tempada estabelécense no marcador do equipo guipuscoano. Eneko Bilbao, patrón de Urdaibai Avia, lucirá na regata de mañá o maillote CaixaBank do Mellor Patrón cos tres puntos sumados na mañá de hoxe.
Dende a primeira pada OrioBabyauto colleu a proa da regata, e así se mantivo até o final. Os de Juan Zunzunegi tiveron que se conformaren coa terceira posición chegando 13 segundos despois dos oriotarras. Go fit Hondarribia foron cuartos hoxe a apenas 20 centésimas dos "galipos". Mentres que Urdaibai Avia ficou case a un segundo da "Ama Guadalupekoa".
Cómpre salientar o grande último longo de Santurtzi Iberdrola xa que se coou na segunda posición adiantando a tres dos "galos", vogando na segunda quenda. Nela, malia a igualdade no ecuador da regata, conseguiu despegarse da Donostiarra, que lle mantivo o pulso até a última ceavoga. Ao final os donostiarras perderon 11 segundo respecto á "Sotera", mentres que Ondarroa Cikautxo cedeu 8 segundos máis que a "Bantxa". Cabo, a única embarcación galega, ficou na cola da quenda, cedendo medio minuto con respecto á gañadora da quenda.
A primeira quenda, que estreaba esta Eusko Label Liga 2019, facíao cos dous recén ascendidos: Astillero Electricidad y Gas e Lekittarra Elecnor. Kaiku pola súa banda, mostrou a súa superioridade ao gañaren a quenda cun tempo de 20'10"64, logrando así a oitava posición. Lekittarra Elecnor, cun rexistro 20'22"62 foi décimo superando a San Pedro en 48 centésimas, mentres que Astillero Electricidad y Gas ocupou a última praza na regata inicial.
Por último, o domingo ás 12:00 horas, desputarase a XXXVI Bandeira Petronor - Zierbena. Neste caso, as quendas comporanse en base á clasificación da xornada do sábado. Repasando o histórico desta regata organizada polo club de Zierbena, atopamos a Go fit Hondarribia que quere revalidar a bandeira da tempada pasada. Por outra banda, a traiñeira máis rápida da historia desta regata foi Urdaibai Avia no ano 2014, cun tempo de 19'24"42.