Novas 2024

ASOCIACION

19 Xu˜ 2024

CaixaBank e a ACT, máis un ano vogando xuntos

CaixaBank e a ACT, máis un ano vogando xuntos

A entidade financeira é patrocinadora principal da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren por décimo segunda tempada.

 

A Asociación de Clubs de Traiñeiras e CaixaBank renovaron o seu acordo por décimo segunda tempada. O Director Territorial Norte de CaixaBank, Juan Pedro Badiola e o Presidente da ACT, Borja Rodrigo selaron a alianza na sede da Dirección Territorial Norte de CaixaBank.
Coa sinatura, ratifícase a relación de ambas entidades que, dende 2013, supón un dos acordos chave para a estabilidade das competicións da ACT.

A estrela de CaixaBank seguirá a lucir no maillote das líderes da Liga Euskotren. Na Liga Eusko Label, pola súa banda, dará nome ao galardón do Mellor Patrón CaixaBank. O prezado trofeo da competición masculina, a Coroa CaixaBank, seguirá a ser o obxectivo das 12 tripulacións.
Ademais, Castro-Urdiales acollerá de novo a Bandeira CaixaBank, que voltará contar con ambas competicións, xogándose así a XII Bandeira CaixaBank na Liga Eusko Label e a VIII Bandeira CaixaBank na Liga Euskotren. A única data nas que a elite das traiñeiras visitará augas cántabras será o 3 de agosto, que chega da man da entidade financeira.

Ambas partes amosáronse satisfeitas coa sinatura. "O remo é un xeito de entender o traballo, é con este espíritu co que levamos a traballar o patrocinio do remo durante estas 12 tempadas" afirmou Juan Pedro Badiola.

Borja Rodrigo, pola súa banda, considera que o patrocinio de CaixaBank é chave: "CaixaBank é un dos patrocinadores máis importantes para nós, é moi importante para o desenvolvemento da Liga Eusko Label e Liga Euskotren" e destaca a importancia deste acordo para que sexa posíbel que as competicións da ACT cheguen a Galiza, Cantabria e Euskadi.

CaixaBank, moi presente no deporte do territorio

A estratexia de patrocinios, ademais dos clubs de fútbol cos que traballa CaixaBank como o Deportivo Alavés, Real Oviedo, Racing de Ferrol ou a SD Eibar, tamén foca no deporte do território, coa esponsorización da pelota profesional, dende 2013 como patrocinador principal do campionato manmanista, co que se retomou o apoio para a pelota a man e co Masters CaixaBank; ou diferentes carreiras populares que decorren ao longo do ano.

Voltar