Novas 2021

COMPETICION

03 Xul 2021

Go Fit Hondarribia e Arraun Lagunak vencen na primeira xornada da Bandeira Cidade da Coruña

Go Fit Hondarribia e Arraun Lagunak vencen na primeira xornada da Bandeira Cidade da Coruña Go Fit Hondarribia e Arraun Lagunak vencen na primeira xornada da Bandeira Cidade da Coruña

As dúas traiñeiras guipuscoanas convértense nas primeiras líderes da tempada

Go Fit Hondarribia vende na Coruña na súa primeira xornada e viste o maillote de líder. Os patroneados por Joseba Amunarriz vogaron na 1ª quenda e nos primeiros metros tiveron a competencia de Ondarroa Cikautxo até a saída do 2º longo. Nese momento, os hondarribitarras meteron máis unha marcha e vogaron en solitario até a meta, cruzándoa cun tempo de 20:16.80. 
Pola súa banda, Santurtzi Transportes y Gruas Aguado foi segundo a 14 segundos dos guipuscoanos, Zierbena Bahías de Bizkaia cruzaba a chegada a 24” do gañador e Donostiarra Amenabar pechará a quenda de honra do día de mañá.

Así as cousas e cos resultados de hoxe, CR Cabo da Cruz, Ondarroa Cikautxo, Orio Orialki e CR Ares vogaran na 2ª quenda, mentres que Bermeo Urdaibai Avia, Zarautz Guesalaga-Okelan, Tirán Pereira e Lekittarra Elecnor farano na 3ª.

Mentres tanto, na regata feminina Arraun Lagunak é a primeira líder da Liga Euskotren despois de marcar o mellor tempo, de 11:26.06. Por detrás, Donostiarra foi 2ª perdendo 2", Orio 5" e Hondarribia 31".
 

Voltar