Novas 2017

COMPETICION

29 Xul 2017

Hondarribia vence por centésimas en Getxo

Hondarribia vence por centésimas en Getxo Hondarribia vence por centésimas en Getxo

A ‘Ama Guadalupekoa’ leva a Getxoko XXXIX. Ikurriña por tres centésimas frente Orio Babyauto

Final de infarto esta tarde na Getxoko Estropaden XXXIX. Ikurriña na que Hondarribia adiantou á ‘San Nikolas’ de Orio Babyauto por apenas tres centésimas. Urdaibai Avia continúa liderando a Eusko Label Liga con 99 puntos, mentres que Ioseba Amunarriz amplía a súa vantaxe sobre o segundo clasificado no trofeo CaixaBank ao Mellor Patrón até os 8 puntos.

Tras case 20 minutos de esforzo na quenda de honra, a regata decidiuse por apenas tres centésimas. Hondarribia, con un tempo de 19’46”29, faise coa vitoria, deixando en segunda posición a Orio Babyauto. Urdaibai Avia foi terceiro a 13 segundo do vencedor mentres que Kaiku Producha pechou a quenda de honra con 20’14”97.

Tirán Pereira amosouse como claro aspirante a liderar a segunda quenda tras conseguir hoxe a quinta posición con un rexistro de 20’16”65. San Juan Sumelec logrou o sétimo lugar a 11 segundos dos galegos. A oitava posición foi parar a Zierbena Bahías de Bizkaia con un tempo en liña de meta de 20’29”83 e Ondarroa Cikautxo rematou en novena posición, a 50 segundos da ‘Ama Guadalupekoa’.

San Pedro, coa súa vitoria na primeira quenda, leva a sétima posición na tarde de hoxe, ao rematar a proba con un tempo de 20’29”62. Cabo, pola súa banda, foi décimo con 20’36”86. Ares e Astillero foron os dous últimos clasificados da tarde de hoxe con tempos de 20’44”34 e 20’59”00 respectivamente.

Máis unha para San Juan Iberdrola

As ‘Batelerak’ de San Juan Iberdrola lévanse a Getxoko IX. Ikurriña con un tempo final de 10’51”61, e unha vantaxe en meta a Hibaika Jamones Ancín de 6”54. Orio Babyauto foi terceira, con 11’06”45, e Arraun Lagunak Donostia pechou a quenda da Liga Euskotren a 28 segundos das sanjuandarras.

Quenda de Zierbena mañá

A Eusko Label Liga e a Liga Euskotren trasladaranse mañá a Zierbena para desputar, a partir das 12.00 horas, a XXXIV Bandeira Petronor e a II Bandeira Petronor feminina. Tras esta regata en augas de Zierbena darase por rematado un mes de xullo no que se desputaron xa 10 xornadas desta Eusko Label Liga.

Voltar