Novas 2017

ESPECIAL

27 Xul 2017

Getxo marca o paso polo ecuador

Getxo marca o paso polo ecuador

Este mediodía presentáronse a Getxoko estropaden XXXIX Ikurriña e a Getxoko IX Ikurriña

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren encóntranse en Getxo o vindeiro sábado, a partir das 18.00 horas. Nela estarán en xogo a Getxoko estropaden XXXIX Ikurriña e a Getxoko IX Ikurriña. Ambas xornadas desputaranse en formato liña, e as quendas definiranse atendendo á orde da clasificación xeral da liga. Na primeira quenda, loitarán Astillero, Ares, San Pedro e Cabo; na segunda, Tirán Pereira, San Juan Sumelec, Ondarroa Cikautxo e Zierbena Bahías Bizkaia; e na quenda de honra, Kaiku Producha, Orio Babyauto, Hondarribia e Urdaibai Avía.

Primeiro desputarase a regata da Liga Euskotren, onde San Juan Iberdrola, Hibaika Jamones Ancín, Orio Babyauto e Arraun Lagunak Donostia, remarán durante unha milla e media, divididas en dous longos e unha ceavoga. A continuación, a Eusko Label Liga collerá o relevo. Nesta, os 12 clubs loitaran a distancia de tres millas, divididas en catro longos e tres ceavogas. Cómpre salientar que o encontro de Getxo marcará o paso polo ecuador da tempada da Eusko Label Liga, sendo esta a novena das dezaoito xornadas do calendario

Este mediodía celebrouse o acto de presentación das regatas de Getxo. Nela, estiveron presentes: Álvaro González, concelleiro de Deportes do Concello de Getxo; e Borja Rodrigo, Presidente da ACT.

Consulta o dossier da regata

Voltar