Novas 2015
ESPECIAL
28 Xul 2015
Valoracións de metade de tempada (I)
Agora que chegamos á metade da Liga San Miguel, é o momento de facer valoracións
Despois desta Getxoko Estropaden XXXVII. Ikurriña podemos dar por finalizada a primeira parte de Liga San Miguel, que voltará o vindeiro fin de semana do 8 e 9 de agosto, despois da desputa do Campionato de España de Traiñeiras, coa segunda incursión da tempada en augas galegas, máis concretamente en Meira e Boiro.
Chegados a este punto cada equipo fai as súas valoracións do que foi para eles esta primeira metade da Liga San Miguel. Hoxe recollemos as valoracións de Julio Lorenzo, remeiro de Samertolameu Rodman Group; Joseba Mancebon, patrón de Portugalete Eulen; Juan Zunzunegui, adestrador de Zierbena Bahías de Bizkaia; e Jonatan Castanedo, patrón de Astillero.