Novas 2012

COMPETICION

07 Xu˜ 2012

Pedro Andueza, presidente da ACT

Pedro Andueza, presidente da ACT

“O futuro da Asociación está nas mans dos clubs” 

Quen é Pedro Andueza?

Pedro Andueza (55 anos)  foi presidente de Trintxerpe A.E. entre 1996 e 2006. Trintxerpe accedeu á ACT no segundo ano tras da súa creación, grazas ao play-off. Coñezo a ACT por eses dous anos, pero por moitas cousas máis. Cando se creou a ACT, Santander e Trintxerpe eran os posíbeis substitutos dos clubs membros da mesma, por se algún destes clubs non cumpría cos requisitos. Eu asistín á creación da ACT en Bilbao. Coñezo a proposta, o que se falou alí…

 

En definitiva, que coñeces o mundo do remo.

Coido que si. Cando perdemos a categoría ACT, comezamos a lle dar forma á ARC xunto cos outros clubs. Fun o presidente fundador da ARC, e nos últimos sete anos fun o xerente da Liga ARC. Dende xaneiro pasado estaba totalmente desvinculado do remo. Fixéranme a despedida e todo.

 

E antes de ocupar cargos directivos, cal foi a túa vida e a túa ligazón co remo?

Eu son de Trintxerpe, até 1996 fun un simple afeccionado.  Teño unha axencia de seguros e sempre me gustou este deporte.

 

Que é para ti el remo?

Algo que me apaixoa. Pero parecíame que era unha competición que non se entendía ben por parte da xente. Refírome ao irregular que era. Había un feixe de bandeiras importantes, pero non se observaba unha coherencia como para facer un seguemento durante todo o verán, como outras disciplinas deportivas estruturadas. Ías á regata dunha vila, gañaba un. A fin de semana que vén, o mesmo, noutro lugar, pero con distintos rivais e protagonistas. Non lle atopaba moito sentido a aquelo, porque o remo non era un deporte como os demais: o rugby, o fútbol…

 

Esa situación levoute a te meteres nos despachos?

Si, a intentar axudar a aquelas persoas que quixeron facer do remo un deporte máis atractivo.

 

Se che din en xaneiro que en xuño ías ser nomeado presidente da ACT, que terías pensado?

-Teríame rido, pódesmo crer.

 

Por que é Pedro Andueza presidente da ACT?

Pois porque hai persoas que mo propuxeron e remataron convencéndome.

 

Como foron as últimas semanas para ti?

Ben, eu estou fóra, pero recorren a min. Digo que non porque estiven 17 anos no remo e decidín arredarme. Digo que non, pero as conversacións sucédense, cada vez máis e entre máis persoas. Insisten, e chégase a un punto no que tomo unha decisión. A primera opción é non recorrer a Pedro Andueza. Se iso non se cumpre? Veremos. Ao final propónseme como  fundamental, pero o meu compromiso é claro. Estarei no cargo até xaneiro, non quero pensar alén desa data.

 

Custouche moito dar o si?

Custou.

 

Por que?

Pois porque quería un chisco de tranquilidade, pasar máis tempo coa familia e todo iso.

 

Que ACT atopaches dende que che nomearon presidente?

Pois a primeira vista creo que se transixe poco e se salta á mínima, e non o entendo. Temos unha liga que o ten todo e pérdense moitas enerxías en discusións estériles. Comprendo, quen discute ten as súas razóns, pero a min paréceme que hai que trabajar máis os temas, valorar máis o bo. Penso que internamente non se é consciente do grande valor da competición que temos. As  declaracións e accións que proxectamos teñen unha enorme repercusión mediática, debemos ofrecer outra imaxe aos nosos afeccionados, deportistas e demais.

 

Es un presidente de consenso. Que vas facer?

Hoxe partimos dun consenso de oito membros. Eu pretendo que calquera cousa que se faga na asociación conte co apoio maioritario. Por suposto, sempre co apoio legal necesario, pero que as decisións sexan o máis consensuadas posíbel. Nunca haberá unha solución perfecta se non se obtén o apoio maioritario. Ademais, terei e teremos que escoitar a esas persoas que neste momento non apoiaron esta mudanza, porque realmente terán as súas razóns e deben ser escoitadas polos demais clubs, tratadas e resoltas dende a sensatez e a liberdade de voto.

 

Cal vai ser o teu xeito de actuar?

Non vou tomar ningunha decisión unilateral. Farei propostas, recibirei todas as suxerencias que me cheguen, transmitireinas á asemblea, e serán os propios clubs socios da ACT quen tomen as decisións. Por suposto, eu transmitirei a miña opinión, e tratarei de convencer da miña postura aos clubs, defenderei as miñas conviccións, pero a derradeira decisión será deles. Pola miña banda, non se vai imponer nada.

 

Preocúpache a situación actual de apoio limitado que tes?

Non  mudou da situación numérica da anterior prancha, seguen sendo igualmente oito apoios de doce. Sempre existirán discrepancias, pero ese será o labor desta directiva, traballar para que sexan as normais en calquera relación nunha asociación deste tipo. 

Voltar