Novas 2012

COMPETICION

27 Abr 2012

KUTXABANK E EUSKOTREN PATROCINARÁN A NOVA LIGA FEMININA DE TRAÍÑAS

KUTXABANK E EUSKOTREN PATROCINARÁN A NOVA LIGA FEMININA DE TRAÍÑAS KUTXABANK E EUSKOTREN PATROCINARÁN A NOVA LIGA FEMININA DE TRAÍÑAS

Kutxabank ha llegado a un acuerdo con la Asociación de Clubes de Traineras para patrocinar la competición femenina durante un año. Gracias a este acuerdo, el mallote que se entrega a la patrona de la embarcación líder se denominará KUTXABANK. Euskotren continuará patrocinando la Liga un año más cediendo su nombre a la competición: LIGA EUSKOTREN.

Kutxabank e Euskotren chegaron a un acordo coa Asociación de Clubs de Traíñas para patrocinar neste ano a Liga de Traíñas Feminina que organiza a ACT. Grazas a estes convenios, a competición continuará denominándose Liga Euskotren e o mallote que portará a patroa da embarcación líder levará a imaxe de Kutxabank.

A presentación dos dous acordos celebrouse esta mañá na Sala de Prensa de Kutxa en Donostia e nela estiveron presentes Susana Montoya, Responsábel de Patrocinios de Kutxabank, José Ignacio Asensio, Director Xeral de Euskotren e María Isabel Diago, Tesorera da ACT.

Este patrocinio supón para Kutxabank a consolidación do seu compromiso co deporte no País Vasco en todos os ámbitos, e en particular, cun deporte con tanto enraizamento en Euskadi e na nosa cultura e tradicións. O apoio ao remo por parte de Kutxabank encádrase tamén nunha estratexia de achegamento a un segmento con máis necesidade de apoio, por ser máis novo na competición e estar menos asentado a nivel profesional.

A Liga Euskotren cumpre xa a súa cuarta tempada no tradicional e emotivo mundo das traíñas. A continuidade de Euskotren fará que este entrañábel e espectacular deporte feminino continue remando con firmeza cara un futuro moderno e cheo de novidades mantendo sempre a súa identidade.

Ademais dos anteriores soportes, ambas as dúas marcas estarán presentes na web da competición, nas embarcacións dos equipos participantes (remos e popas), entregas de premios, etc. Cómpre salientar que tanto Kutxabank como Euskotren cederán o seu nome a dúas xornadas da Liga Feminina: Portugalete e San Pedro.

Calendario 2012:
07/07/2012 Portugalete - Bandeira Kutxabank
08/07/2012 Zarautz - Bandeira Eusko Label.
21/07/2012 Pedreña - Bandeira Marina de Cudeyo
22/07/2012 San Pedro - Bandeira Euskotren
29/07/2012 Getxo - Getxoko Ikurriña
12/08/2012 Zumaia - III Bandeira El Diario Vasco
18/08/2012 Zarautz - Zarauzko Ikurriña
19/08/2012 Zarautz -Zarauzko Ikurriña

Sistema ou formato de competición de competición:
A tripulación vencedora da Liga Euskotren 2011, Getaria-Tolosa, ten garantida a clasificación ou acceso á Liga 2012 por ser un dereito adquirido conforme a normativa da pasada edición.

Nas regatas dos días 7 e 8 de xullo disputarase unha regata clasificatoria, estilo play-off no que a puntuación e clasificacións se refire, nas que tomarán parte todas as traíñas inscritas e das que sairán as tres participantes (as mellor clasificadas no computo dos dous días) que acompañarían a Getaria - Tolosa na Liga 2012.

Nas regatas dos días 7 e 8 de xullo tomaría parte igualmente a tripulación de Getaria - Tolosa porque estas regatas, ademais de ser clasificatorias conforme ao exposto no apartado anterior, serán computadas a efectos da elaboración da clasificación da liga regular. Polo tanto, para 4 tripulacións estarán disputando ademais as dúas primeiras regatas puntuábeis da Liga Eusko Tren 2012 co tradicional sistema de puntuación na competición feminina.

Participantes:
Estes son os clubs que se inscribiron para participar na vindeira edición da Liga Euskotren: Getaria-Tolosa, SDR Rías Baixas, San Juan Iberdrola, Zumaia Salegi Jatetxea, Hibaika Jamones Ancin, Hondarribia Orsa e Orio.

Voltar