Novas 2023

COMPETICION

04 Ago 2023

Fin de semana en mar aberto

Fin de semana en mar aberto Fin de semana en mar aberto

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren competirán en augas de Hondarribia no sábado e en Lekeitio no domingo
 

A fase final da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren comezará esta fin de semana, coa desputa de dúas xornadas en mar aberto. O sábado a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren desputarán a súa xornada en Hondarribia, mentres que o domingo desputaranse as dúas regatas en augas de Lekeitio.  

 Hondarribia afronta esta fin de semana a súa festa das regatas, coa desputa de catro regatas en dous días. O sábado, a partir das 17:25 horas as oito traiñeiras femininas competirán a súa novena xornada da tempada coa desputa da XV Txingudiko Bandeira / Balfego Sari Nagusia. Posteriormente, será a vez da Liga Eusko Label, onde as doce traiñeiras tentarán ondear a Hondarribiko XXXVI. Bandeira / Mapfre Sari Nagusia.

O domingo será a vez de competir nun campo de regatas moi exigente como é o de Lekeitio. A xornada comezará ás 11:25 horas coa desputa da XII. Bandeira Euskotren, a décima xornada da tempada. Despois da regata feminina, as doce traiñeiras da Liga Eusko Label competirán pola XXXVIII. El Correo Ikurriña - Kutxabank SN - Lekeitioko Udala segundo os resultados do día anterior, sendo a décimo segunda xornada da tempada.

FAN ZONE
Esta fin de semana a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren competirán en dúas localidades moi turísticas, Hondarribia e Lekeitio. Por isto, os afeccionados ao remo de banco fixo terán dúas oportunidades de gozaren dunha experiencia única. Tanto no sábado como no domingo, poderán degustar o Bonito Eusko Label á grella, e a cervexa oficial da competición, Keler. Tamén poderán seguir a regata en directo pola pantalla xigante, ou tirar fotografías cos dous trofeos das competicións, a Coroa CaixaBank e o Trofeo Euskotren. No caso de Hondarribia, os afeccionados e as afeccionadas tamén poderán recoller o pano coa cor do seu equipo na carpa de BM Supermercados e os máis pequenos poderán gozar dos inchábeis do supermercado que se colocarán no mesmo sitio.

A FAN ZONE do sábado colocarase a carón do espigón de Hondarribia. Así, as afeccións poderán compartir as sensacións tras a regata ao sairen do espigón. No domingo, en Lekeitio, o espazo dos afeccionados estará en txatxo kaia, a carón do porto deportivo.

Voltar