Novas 2022
COMPETICION
14 Ago 2022
Dobre vitoria para Orio Orialki na Bandeira CaixaBank
Coa vitoria da VII Bandeira CaixaBank en augas de Castro-Urdiales, a San Nikolas consegue a súa terceira Liga Euskotren
Orio Orialki conquistou a súa 10ª bandeira da tempada nun final moi axustado frente Donostia Arraun Lagunak. Con esta vitoria, a San Nikolas acada os 46 puntos e suma a súa 3ª Liga EuskoTren. Pola súa banda, Arraun Lagunak fica nos 38 puntos e na segunda praza cando restan dúas xornadas por diante.
Na loita pola permanencia, na VII Bandeira CaixaBank Tolosaldea foi 3ª e recupera un punto respecto a Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100. Porén, na xeral Donostiarra é 3ª con 19 puntos frente os 17 de Tolosaldea.
A Bandeira CaixaBank de novo para Hondarribia
Matrix Hondarribia suma unha nova bandeira tras gañar a X. Bandeira CaixaBank por diante de Urdaibai e Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100. Os donostiarras marcaron o mellor tempo da bandeira nos dous primeiros longos até que a Ama Guadalupekoa decidiu mudar o ritmo para pasaren a dominar no terceiro e no último longo. Daquela, os pupilos de Orbañanos cruzaron a liña de meta con 5" sobre a Bou Bizkaia e 6" sobre a Torrekua II. Cuarto foi Orio Orialki, quinto Getaria, sexto Santurtzi, sétimo Zierbena Bahías de Bizkaia, oitavo Ondarroa Cikautxo e noveno Kaiku Berez Galanta. Pecharon a clasificación da bandeira Cabo, Ares e Lekitarra.
Con estes resultados, Hondarribia acurta un punto na xeral a Urdaibai acadando os 146 puntos frente os 149 da Bou Bizkaia. Mentres, Donostiarra mantén a terceira praza con 144 puntos e a San Nikolas é cuarta con 129 puntos. Na parte baixa da xeral, Ares continúa a estar na alerta vermella da xeral con 43 puntos e o posto de playoff de descenso pasa a ser para Lekitarra Elecnor con 54 puntos, mentres que a Sotera se afasta desa posición sumando 59 puntos.