Novas 2021
COMPETICION
30 Xu˜ 2021
"Quero salientar a ambición e o sobreesforzo de cada remeiro"
Gustavo Vázquez, adestrador de CR Cabo da Cruz está con vontade de que comece a competición, aínda que na pretempada o seu equipo tivo que superar máis imprevistos dos que lle tivese gustado.
Gustavo Vázquez está contento co comezo da pretempada, non así coa segunda parte da mesma. “Comezamos ben, cun plantel amplo, pero despois viñeron os problemas. Máis ben accidentes, máis do habitual. Tivemos accidentes laborais, caídas, infeccións”, sinala o técnico.
Malia os contratempos, Vázquez subliña a actitude do plantel “quero salientar a ambición e a loita interna á que cada remeiro se enfrentou, realizando un sobreesforzo”. Grazas a ese traballo, “cada vez está máis difícil facer o corte do plantel, e apurei o máximo que puiden”, sinala o técnico de CR Cabo da Cruz.
No referido á competición, Vázquez sinala que cada vez hai máis nivel na Liga Eusko Label. “Na parte alta hai seis equipos case imposíbeis de acadar, aínda que trataremos de pelexar con eles”, advirte Vázquez. En canto aos equipos da parte baixa Vázquez cree que, “cada ano hai máis nivel, do sétimo ao décimo adoita haber un par de segundos, e por iso, hai que xestionar ben eses malos resultados”.