Novas 2019

ESPECIAL

23 Xul 2019

A Eusko Label Liga chega a Santurtzi

A Eusko Label Liga chega a Santurtzi

O sábado desputarase na ría a Santurtziko XL. Ikurriña da competición masculina e a VIII. Bandeira Euskotren

Despois dunha boa primeira metade de tempada, con dúas bandeiras e unha praza na quenda de honra, Santurtzi Iberdrola terá o sábado a oportunidade de ensinar frente á súa afección o grande momento de forma polo que están a pasar os mozos de Iker Zabala. A partir das 18:15 horas, a ría voltará recibir á elite do remo para desputar a VIII. Bandeira Euskotren (9ª xornada), e de seguido, a Santurtziko XL. Ikurriña (11ª xornada) da Eusko Label Liga.                              

Esta regata terá un formato especial tanto na regata masculina como na feminina. Na regata da Liga Euskotren, as catro embarcacións sairán das balizas de chegada situadas frente ás Piscinas de Portugalete e realizarán catro longos e tres ceavogas coas balizas exteriores situadas nos remolcadores de Portugalete, até completaren así unha distancia de 2.778 metros.

No caso da regata masculina, a proba constará de catro largos e tres ceavogas, pero coa particularidade de que non todos os longos terán a mesma distancia. Tras dar a saída, as traiñeiras procurarán as balizas situadas nos remolcadores de Portugalete (832 metros), para despois dirixirense ás balizas exteriores situadas na zona do ABRA do porto interior de Santurtzi (1.946 metros). Tras voltar de novo á zona dos remolcadores para daren a última ceavoga (1.946 metros), as embarcacións enfiarán o último longo para chegaren á meta nas balizas situadas no mesmo lugar onde fixeron a saída (832 metros).

As quendas da regata masculina estarán formadas en base á Clasificación Xeral da Eusko Label Liga, polo que na primeira quenda teremos a San Pedro, Astillero Repsol Electricidad y Gas, Lekittarra Elecnor e Kaiku. Na segunda quenda vogarán Cabo, Ondarroa Cikautxo, Urdaibai Avia e Donostiarra. Os encargados de remaren na quenda de honra serán Santurtzi Iberdrola, Zierbena Bahías de Bizkaia, GO fit Hondarribia e Orio Babyauto.

Esta mañá tivo lugar o acto de presentación destas dúas bandeiras na Confraría de Pescadores de Santurtzi, na que estiveron presentes Aintzane Urkijo, alcaldesa de Santurtzi; e Julio Artetxe, presidente de Santurtzi Iberdrola.

Voltar