Novas 2018

ESPECIAL

21 Ago 2018

O Tour Corona CaixaBank chega a Donostia

O Tour Corona CaixaBank chega a Donostia

O Aquarium de Donostia recibe até o 9 do setembre o Tour Coroa CaixaBank

Segue o percorrido do Tour Coroa CaixaBank e nesta semana a súa parada será o Aquarium de Donostia, onde o trofeo máis prezado estará até o 9 do setembro. 

Se participares no Tour Coroa CaixaBank poderás conseguir dous pases para ver en directo a derradeira regata do calendario no Barco da Eusko Label Liga, onde precisamente se fará entrega da Coroa CaixaBank ao vencedor da competición. Ademais, entrarás no sorteo dun maillote CaixaBank ao Mellor Patrón, deseñado esta tempada por Kibor, Official Partner da Eusko Label Liga. Para entrares no sorteo simplemente tes que procurar o teu punto máis achegado do Tour Coroa CaixaBank que se realizará ao longo de todo o verán e tirares unha foto coa Coroa CaixaBank. Despois faite seguidor de @actraineras no Twitter e súbea co hashtag #TourCoronaCaixaBank.

Voltar