Novas 2017

ESPECIAL

03 Ago 2017

A perspectiva dende a quenda de honra

A perspectiva dende a quenda de honra

As catro tripulacións que encabezan a clasificación da Eusko Label Liga contan como ven esta primeira metade da tempada
 

Para rematar coas valoracións de metade de tempada, apenas nos resta saber a opinión dos clubs da quenda de honra; que a día de hoxe, está composta por Urdaibai Avia, Hondarribia, Orio Babyauto e Kaiku Producha. Estas tripulacións ocupan os primeiros catro postos na máxima categoría do remo, e regata tras regata deixan claro o alto nivel que esixe a Eusko Label Liga. A loita está axustada, e aínda non se pode nomear un claro gañador desta tempada.

En primeira posición, con 111 puntos, está Urdaibai Avia. Os 'txo' están a ser os máis regulares na loita pola Coroa CaixaBank. Nestas 10 primeiras xornadas non baixaron da terceira posición en ningunha regata, e en canto á clasificación xeral da liga, son líderes dende a primeira Bandeira desputada. Con unha desvantaxe de apenas tres puntos, está a ‘Ama Guadalupekoa’ de Hondarribia. Estes, tamén están a traballar e a loitaren duro e non teñen ningunha intención de lles ceder unha vitoria doada aos seus rivais. O terceiro posto vai para Orio Babyauto. Con 99 puntos, afástase un pouco máis dos mozos de Mikel Orbañanos e dos ‘txo’. Así e todo, estas tres tripulacións están empatadas en canto ao número de bandeiras conseguidas. Até agora, cada un deles conseguiu facerse con tres bandeiras. Kaiku Producha, con 81 puntos, afastase un bocado dos tres primeiros clasificados, ocupa a cuarta posición.

Voltar