Novas 2017

ESPECIAL

31 Xul 2017

Chega o ?Último Longo? de Getxo e Zierbena

Chega o ?Último Longo? de Getxo e Zierbena

Un luns máis repasamos o acontecido nas dúas regatas desputadas no sábado e no domingo

Como cada luns, da man de CaixaBank chéganos o mellor resumo do acontecido nas dúas últimas xornadas desputadas da Eusko Label Liga. O pasado sábado Getxo foi o escenario escollido para a desputa da novena xornada do campionato que marcou o ecuador da competición.

Tras un final de infarto, Hondarribia conseguiu manter o primeiro lugar frente Orio Babyauto e levar a súa terceira bandeira da tempada, a Getxoko Estropaden XXXIX. Ikurriña. A diferenza final entre os dous primeiros clasificados foi de apenas tres centésimas, convertíndose no final de regata máis axustado no que vai de tempada.

No que respecta á Liga Euskotren, Getxo foi o escenario da quinta xornada do campionato, no que San Juan Iberdrola conseguiu a cuarta bandeira da tempada adiantando en máis de 6” o segundo clasificado, Hibaika Jamones Ancín.

Xa no domingo, Zierbena acolleu unha nova edición da Bandeira Petronor, na que o equipo da casa, Zierbena Bahías de Bizkaia, estivo a punto de se facer co seu segundo trapo da tempada tendo conseguido un grandísimo rexistro dende a segunda quenda. Finalmente, tanto Urdaibai Avia, que se fixo coa XXXIV Bandeira Petronor, como Hondarribia, segundo clasificado, foron quen de melloraren o tempo dos ‘galipo’.

A II Bandeira Petronor, correspondente á sexta xornada da Liga Euskotren, amosounos un escenario moi similar ao da regata de Getxo, repetíndose a mesma clasificación e vitoria para San Juan Iberdrola.

Deste xeito, a Eusko Label Liga chega ao seu parón de agosto coa clasificación xeral apertadísima pola parte de arriba. Urdaibai Avia sitúase con 111 puntos, Hondarribia ten 108 e Orio Babyauto chega aos 99. No que corresponde á clasificación CaixaBank ao Mellor Patrón, Ioseba Amunarriz afiánzase na primeira posición con 15 puntos, mentres que o segundo clasificado, Iker Gimeno, de Kaiku Producha, acada os 9 puntos.

A falta das dúas últimas xornadas da Liga Euskotren que terán lugar en Zarautz, San Juan Iberdrola adianta en 4 puntos a Hibaika Jamones Ancín.

Voltar