Novas 2014

ESPECIAL

23 Xul 2014

O soño dunha estrea

O soño dunha estrea

Peyo Cuesta, patrón de Pedreña, iniciouse no pasado domingo na Liga San miguel á frente da popa da ‘Cantabria’

O pasado domingo foi un día moi especial para un dos compoñentes de Pedreña; Peyo Cuesta debutou como patrón da ‘Cantabria’ pedreñeira na ría do Oria. Unha estrea pola que levaba moitos anos adestrando e pelexando e que, tal e como nos explica neste vídeo, por fin se fixo realidade. Unha estrea na que o mozo -nestes momentos é o deportista máis novo da Liga San Miguel con 18 anos recén cumpridos- estivo arroupado por todos os seus compañeiros e especialmente axudado polo seu curmán, Cristian Ocejo, remeiro tamén de Pedreña. 

Daquela, o domingo pasado quixemos acompañar ao cántabro na súa estrea e comprobar como dirixía o timón pedreñeiro. Un timón, cómpre salientar, que non coñecía a outro patrón dende hai moitos anos. Xa que Borja Gómez completou case 200 regatas de xeito ininterrumpido na máxima categoría. 

Voltar