Novas 2012

COMPETICION

26 Xu˜ 2012

PRESENTACIÓN DO XXIX. BANDEIRA PETRONOR EN ZIERBENA

PRESENTACIÓN DO XXIX. BANDEIRA PETRONOR EN ZIERBENA

Carreira se realiza o sábado 30 de xuño ás 18:00

Este mediodía arrancou a tempada 2012 da Liga San Miguel, coa presentación da XXIX. BANDEIRA PETRONOR. Esta presentación fíxose no club de remo de Zierbena, traíña que este ano volve á elite, recibindo a Liga San Miguel – Corona Mapfre cos brazos abertos.

 

O mundo do remo está de noraboa porque traíñas con renome como Zierbena – Bahias de Bizkaia volta vogar coas mellores, lugar que merece e que vai celebrar acollendo a primeira regata puntuábel do calendario. Será ás 18h00 do sábado, momento no que nada estará decidido, pero na que se verán moitas cousas. A Liga San Miguel agradece á súa vez o patrocinio de Petronor, firma que co seu apoio garante que a competición se renove ano a ano, e xa van 29 edicións.

 

Á presentación acudiron o Sr. Víctor Pérez de Gezuraga, Director Xeral da Petronor, o Sr. Marcelino Elorza, alcalde do Zierbena, o Sr. José Luís Herrerías, presidente do club de remo Zierbena, o Sr. Eugenio Fernández, representando o Comité de Competición da ACT, e o Sr. Pedro Andueza, Presidente da ACT. Despois da presentación da regata efectuouse o sorteo de quendas, o único da tempada que se fará sen ter en conta a clasificación da Liga San Miguel. Este foi o resultado do sorteo das quendas:

 

· 1ª quenda: Zumaia Altuna y Uria, Kaiku-Ambilamp, Hondarribia-Orsa e Tirán Pereira

· 2ª quenda: San Pedro-Ecolmare, Astillero, Pedreña e Zierbena-Bahias de Bizkaia

·3ª quenda: Portugalete-Eulen, Urdaibai-Umpro Avia, San Juan-Iberdrola e Castro

 

O sorteo dos carreiros realizarase na reunión de delegados, hora e media antes do comezo da proba.

Voltar