Novas 2012

COMPETICION

08 Xu˜ 2012

MAPFRE RENOVA O PATROCINIO COA ACT

MAPFRE RENOVA O PATROCINIO COA ACT

O acordo asinouse o martes 8 de xuño na sede da entidade aseguradora Mapfre en Bilbao. 

Ao acto asistiron o Director Xeral de Mapfre, Sr. Enrique Cid e o Presidente da Asociación de Clubs de Traíñas, Sr. Pedro Andueza. Con este paso, MAPFRE reforza a súa presenza e apoio aos deportistas, ao deporte en xeral e aposta sen reservas polos valores que a práctica deportiva trae consigo, coa que comparte principios e valores, como o esforzo, a dedicación e o compromiso.

 

A entidade continuará a premiar ao “Mellor Patrón” de cada xornada, ao que se lle fará entrega dun mallote de cor vermella co distintivo de MAPFRE e que terá como colofón o premio ao mellor patrón da tempada coa entrega dun cheque de 3.000€. O Trofeo para o equipo campión continuará a denominarse CORONA MAPFRE. As cores da entidade tamén estarán presentes nas balizas, meta, remos, etc.

 

Con este acordo ambas as dúas partes reforzan o seu compromiso por fomentar e dar pulo ao remo na modalidade de traiñeiras. Mapfre convertiuse no patrocinador da competición en 2011. Desde entón aparece nos soportes máis destacados da competición.

Voltar