Novas 2024

COMPETICION

22 Xul 2024

Getxo abrirá a quinta semana de competición

Getxo abrirá a quinta semana de competición

A Liga Euskotren dará comezo ás 17:25 mentres que a Liga Eusko Label comezará ás 18:20.

Getxo acollerá este sábado un dos clásicos do verán. A Getxoko Estropaden XLVI. Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XX. Omenaldia da Liga Eusko Label e a Getxoko Estropaden XVI. Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XX. Omenaldia da Liga Euskotren estarán en xogo a partir das 17:25 do 27 de xullo.
O porto deportivo e a praia de Ereaga serán testemuñas da máxima categoría do remo de banco fixo e os afeccionados poderán gozar da xornada na Fan Zone que se situará no mesmo porto deportivo, antes da zona de lecer.

As bandeiras presentáronse esta mañá nun acto no que estiveron presentes a alcaldesa de Getxo, Amaia Agirre; o presidente da ACT, Borja Rodrigo; o Concelleiro de Deportes de Getxo, Álvaro González e Mónica Lemona, representante de Getxo Arraun Elkartea.

A alcaldesa de Getxo, Amaia Agirre, sinalou que "coa chegada das regatas, queremos agradecer e felicitar á ACT polo seu grande labor de promoción dun deporte tan noso como o remo. Este ano celebramos o décimo aniversario do recoñecemento en 2014 de Getxo como Mellor Cidade Europea do Deporte. Un galardón que encheu de orgullo a toda a cidadanía getxotarra e que se logrou, en boa medida, grazas á fortaleza do tecido de asociacións e clubs deportivos. Clubs como o Getxo Arraun, a quen queremos agradecer tamén o traballo que, ano a ano, leva a cabo tanto na súa escola co traballo formativo como á hora de colaborar na organización das competicións como as que gozaremos este sábado".

Rodrigo, pola súa banda, define a Bandeira de Getxo como unha das máis clásicas da ACT: "A regata de Getxo despútase dende o primeiro ano da Asociación. É xa un clásico no noso calendario. Estamos moi felices de voltar aquí ano a ano. Non apenas polo que representa Getxo como localización, mais tamén pola estabilidade que lle dá ás nosas competicións".

Voltar