Novas 2021

COMPETICION

11 Xul 2021

Ondarroa sorprende en Zierbena e Orio Orialki leva a súa segunda bandeira

Ondarroa sorprende en Zierbena e Orio Orialki leva a súa segunda bandeira Ondarroa sorprende en Zierbena e Orio Orialki leva a súa segunda bandeira

A Antiguako Ama conquista a XXXVIII Bandeira Petronor dende a 1ª quenda grazas á mudanza da climatoloxía, mentres que as aguiluchas, coa vitoria, soben ao liderado da Liga Euskotren

Ondarroa Cikautxo coróase en Zierbena coa conquista da súa primeira bandeira da historia na Liga Eusko Label. O vento e a marea éronse nos mellores aliados dos ondarrutarras e conseguiron facer bo o seu tempo da primeira quenda. Cun tempo de 20:32.20, os biscaínos gañaban a XXXVIII Bandeira Petronor por diante de Lekittarra Elecnor e de Santurtzi T. y G. Aguado. En canto á clasificación xeral, a Sotera mantense no máis alto da táboa con 42 puntos diante dos 36 tantos de Go Fit Hondarribia e dos 35 de Zierbena Bahías de Bizkaia. 

No referido á clasificación do mellor patrón CaixaBank, Arkaitz Diaz, patrón da Donostiarra, sobe até a primera posición de mellor patrón da Liga EuskoLabel logo dos 3 puntos de hoxe. Así, o patrón donostiarra suma 8 puntos, frente os 7 de Gorka Aranberri (Santurtzi) e os 3 de Óscar Hermo (Cabo). 

Pola súa banda, Orio Orialki consegue a Bandeira Edinor e colócase no liderado da Liga EuskoTren. Na ceavoga, as oriotarras chegaban con dous segundos perdidos sobre Donostiarra Lacturale e Arraun Lagunak, mais no segundo longo da regata as aguiluchas conseguían sobrepórense e cruzaban a liña de meta menos dun segundo por diante de Donostiarra Lacturale. Na xeral, Orio Orialki colócase líder con 13 puntos igualado con Donostia Arraun Lagunak. Donostiarra Lacturale ocupa a terceira praza con 9 puntos e pecha a clasificación Hondarribia Bertako Igogailuak con 5 tantos. 

Mentres tanto, Nadeth Agirre (Orio Orialki) tamén obtén o liderado de mellor patroa despois dos tres puntos obtidos no día de hoxe, sumando en total 9 puntos. Miren Garmendia (Hondarribia Bertako Igogailuak) perséguea e os 5 puntos colocan na terceira posición a Andrea Astudillo (Donostia Arraun Lagunak).

Voltar