Novas 2024
COMPETICION
13 Xul 2024
Zierbena acaba co dominio de Urdaibai
Despois dun axustado duelo, os de Daniel Pérez conseguiron a XV Bandeira de Bilbao.
Zierbena rematou co dominio de Urdaibai, sendo a máis rápida na proba de contra o reloxo de Bilbao. As traiñeiras biscaínas marcaron case os mesmos tempos na segunda e terceira ceavoga, pero Zierbena dominou nos últimos metros, e logrou a súa primeira bandeira da Liga Eusko Label 2024, nun tempo de 19:27,06. Urdaibai, pola súa banda, rematou nun tempo de 19:28,82. Os terceiros foron os oriotarras, que precisaron 15 segundos máis para finalizaren a proba e o cuarto posto foi para Hondarribia, con 20 segundos de desvantaxe sobre Zierbena.
Nestes momentos Urdaibai segue líder da Liga Eusko Label con 59 puntos. Zierbena ten 53, Hondarribia 49 e Orio 46.
Arraun Lagunak imponse de novo en augas de Bilbao
Arraun Lagunak voltou imporse hoxe en augas de Bilbao cun tempo de 10:28,32. Donostiarra foi segunda: as mozas adestradas por Rufo Urtizberea finalizaron a proba de contra o reloxo 13 segundos despois. A terceira praza foi para Hondarribia: malia teren participado na segunda quenda, Ama Guadalupekoa foi máis rápida que Orio e Tolosaldea e finalizaron nun tempo de 10:52,76. Por último, as cuartas foron as oriotarras, parando o crono nun tempo de 10:42.96.
Arraun Lagunak segue líder da clasificación da Liga Euskotren con 40 puntos. As segundas son as tolosarras con 31, as terceiras as oriotarras con 30, e a cuarta praza é para a Donostiarra con 27 puntos.