Novas 2023
COMPETICION
13 Set 2023
Cinco candidatos para dúas prazas
Esta fin de semana coñeceranse os dous últimos participantes da Liga Eusko Label da tempada 2024 tras a desputa dos play off
Bermeo e Portugalete serán os dous campos de regatas onde competirán esta fin de semana os cinco aspirantes a se integraren na Liga Eusko Label da vindeira tempada. O obxectivo de todos será conseguir unha das dúas prazas para competiren na elite do remo que estarán en xogo.
Por unha banda, Itsasoko Ama Santurtzi tratará de manter a súa praza na Liga Eusko Label. Logo do seu décimo primeiro posto nesta tempada, a campioa na tempada 2020 e 2021, tratará de ser unha das dúas traiñeiras máis rápidas desta fin de semana.
Pola súa banda, o CR Ares e o Club do Mar Bueu serán as dúas traiñeiras que acceden da Liga Galega. A Santa Olalla quere voltar á Liga Eusko Label un ano despois de perderen a categoría e acompañar así o CR Cabo da Cruz de novo na máxima competición. Na súa terceira participación consecutiva, o Club do Mar Bueu quer estrear a máxima categoría, e competir por primeira entre as doce mellores traiñeiras do cantábrico e atlántico.
Por último, da Liga ARC acceden ao playoff de ascenso San Pedro e Larrun Kosta. O club guipuscoano repite a participación da tempada pasada co mesmo obxectivo, voltar para a Liga Eusko Label, tras o descenso na tempada 2019. Pola súa banda, será a primeira participación de Larrun Kosta nos playoffs de ascenso á Liga Eusko Label. A súa segunda posición na ARC permítelle participar nas xornadas de Bermeo e Portugalete, coa intención de ascender e ser o primeiro club de Iparralde en participar na Liga Eusko Label.