Novas 2023
COMPETICION
17 Ago 2023
Zarautz porá o colofón á histórica Liga Euskotren
A xornada dupla da Zarauzko XLVI. e XV. Ikurriña disputarase tanto no sábado como no domingo para a Liga Eusko Label como para a Liga Euskotren
Esta fin de semana a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren regresan de Galiza, e ambas competirán os dous días en Zarautz. A habitual Ikurriña a dobre xornada dará colofón á histórica tempada da Liga Euskotren, mentres que na Liga Eusko Label servirá para ir decidindo as posicións.
A escasos metros do campo de regatas, no rehabilitado Hotel Ur Bare, presentáronse esta mañá as dúas Ikurriñas que estarán en xogo esta fin de semana, onde participaron Xabier Txurruka, Alcalde de Zarautz, Leire Arana Concelleira de Turismo e Borja Rodrigo, Presidente da ACT.
O Alcalde, Xabier Txurruka, subliñou que, "esta dobre xornada é unha das regatas máis prestixiosas e históricas do calendario onde, máis un verán, as mellores traiñeiras competirán por conseguiren levar para a casa a Zarauzko Ikurriña, que, como trofeo de remo, para min é a máis fermosa de todas as bandeiras".
Esta proba chega, ademais, en plena celebración da Semana Grande de Zarautz. Durante toda a fin de semana teremos un ambiente festivo cun amplo programa de festas que, canda a desputa das regatas, fará gozar a zarauztarras e visitantes", lembra Txurruka.
Por último, Rodrigo admite que a regata de Zarautz xera unha "grande emoción" para a ACT. "É unha bandeira que significa moito para nós e para o devir das nosas competicións. Por unha parte, finalizará a histórica Liga Euskotren en Zarautz, e por outra banda, e vendo o devir das xornadas, esta fin de semana será moi importante para o futuro da Liga Eusko Label".
A xornada do sábado comezará ás 17:25 horas coa primeira quenda da Zarauzko XV. Ikurriña da Liga Euskotren. Posteriomente, as catro mellores traiñeiras da competición feminina sairán á procura dun bo tempo para o día seguinte levar a prezada Ikurriña.
Unha vez finalizada a regata feminina, ás 18:15 horas será a quenda da décimo quinta xornada da Liga Eusko Label. As doce tripulacións dividiranse en tres quendas segundo a clasificación xeral, sendo os últimos participantes as mellores traiñeiras da tempada.
En cuanto á xornada do domingo, comezará ás 11:20 horas coa última xornada da competición feminina, onde, tras entregar a Ikurriña de Zarautz á gañadora, a campioa da Liga Euskotren recibirá o seu Trofeo Euskotren. En cuanto á xornada da Liga Eusko Label, non se verá afectada polo inicio, e comezará no seu habitual horario das 12:15 horas.
FAN ZONE
Por segunda tempada consecutiva a FAN ZONE voltará a Zarautz, e este ano volta repetir a ubicación da tempada pasada en Lege Zaharren Enparantza. Os zarauztarras e máis aqueles que se acheguen a Zarautz, poderán gozar dunha experiencia única, antes, durante e despois da dobre xornada da Zarauzko Ikurriña. Tanto no sábado como no domingo, poderase degustar os produtos Eusko Label e a Keler, a cervexa oficial, así como tirar fotografías cos trofeos que levarán os campións e campioas da Liga Eusko Label e Liga Euskotren. Tamén se colocará a pantalla xigante para non perder detalle da dobre xornada, e para os máis pequenos haberá inchábeis da man de BM Supermercados. O domingo, porén, os afeccionados tamén poderán degustar un bo Vermouth da man de Txurrut.