Novas 2022

COMPETICION

21 Ago 2022

A XIV Zarauzko Ikurriña tamén para Orio Orialki

A XIV Zarauzko Ikurriña tamén para Orio Orialki

A San Nikolas consegue a décimo segunda vitoria da tempada, mentres que Donostiarra vence a Tolosa na pugna para eludir o playoff

Orio Orialki voltou gañar na segunda xornada da XIV Zarauzko Ikurriña por diante, desta vez, de Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100. Sumando as dúas xornadas, as de Patxi Francés levan a Zarauzko Ikurriña con 24 segundos sobre Donostia Arraun Lagunak. 

Pola súa banda, Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100, grazas ao seu segundo posto no día de hoxe, consegue zafar do playoff e remata terceira na xeral con 23 puntos. Pola contra, Tolosaldea Arraun Kluba, que hoxe foi cuarta, terá que desputar o playoff a fin de semana do 17 e 18 de setembro en augas de Bermeo e Portugalete para ser unha das oito participantes na Liga Euskotren Liga da vindeira tempada.

Bermeo Urdaibai consegue a XLV Zarauzko Ikurriña
Matrix Hondarribia levou a vitoria no duelo con Urdaibai na 2ª xornada da XLV Zarauzko Ikurriña por dúas centésimas, mais a Bou Bizkaia aproveitou os tres segundos de onte para sumar unha nova bandeira ao seu palmarés 2022. Porén, os hondarribitarras conseguiron acurtar un punto na xeral da Liga EuskoLabel acadando os 169 puntos frente os 172 dos de Bermeo. Por detrás, tanto na bandeira coma na xeral está Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100, que conta con 163 puntos. Cuarto é Orio Orialki con 148 puntos despois de pechar a quenda de honra e marcar o cuarto mellor tempo na xornada de hoxe.

Mentres, na loita pola permanencia, a Sotera rematou 8º na regata desta mañá e suma puntos moi importantes para evitar o playoff. Pola súa banda, 9º foi Lekittarra Elecnor, 10º Cabo, 11º Ondarroa Cikautxo e 12º Ares. En canto á xeral, Cabo é 8º con 72 puntos, a Antiguako Ama 9º con 71 puntos, Santurtzi 10º con 67, Lekittarra ocupa posto de playoff con 67 puntos e pecha a xeral da Liga EuskoLabel Ares con 45 puntos. Restan catro xornadas. 

Voltar