Novas 2016

COMPETICION

24 Ago 2016

Inicio do periplo biscaíno

Inicio do periplo biscaíno

Esta mañá presentouse a VIII Bandeira Ambilmap ‘Reciclamos a Luz’ no Salón de Plenos do Concello de Sestao

Este sábado a partir das 18.00 horas a VIII Bandeira Ambilamp ‘Reciclamos a Luz’ porá nome á décimo sexta xornada da Liga San Miguel, que se desputará en augas da ría de Portugalete. Un encontro en liña no que as traiñeiras terán que afrontar un percorrido de tres millas náuticas, repartidas en catro longos e tres ceavogas.

A orde das quendas virá marcado pola clasificación xeral da Liga San Miguel, polo que na primeira quenda vogarán Zumaia, Portugalete Eulen, San Pedro e Zierbena Bahías de Bizkaia. Na segunda será o turno para Cabo, Astillero, Tirán Pereira e Orio Babyauto. Mentres que na quenda de honra serán San Juan Iberdrola, a embarcación local de Kaiku Producha, Urdaibai Avia e o líder actual da Liga San Miguel, NT2 Hondarribia. Cómpre lembrar que este fin de semana será o último no que as 12 embarcacións se verán as caras. O último clasificado descenderá automaticamente, mentras que o penúltimo terá que realizar o playoff que se vai desputar en Bermeo e Portugalete o vindeiro 17 e 18 de setembro. O décimo e máis o noveno, polo contrario, manterán a categoría, pero non desputan as dúas últimas xornadas da Liga San Miguel.

Na presentación desta mañá estiveron presentes Josu Bergara, alcalde de Sestao; Gorka Álvarez, concelleiro de deportes de Sestao; e Jon Basabe, presidente de Kaiku Producha.

Voltar