Novas 2012
COMPETICION
19 Xul 2012
DESTREZA DE PATRÓNS NA II BANDEIRA AUTORIDADE PORTUARIA DE PASAIA
Os botes da Liga San Miguel deberán realizar cinco ceavogas, e as da Liga Euskotren dúas.
O porto de Pasaxes acolle o domingo unha das regatas máis bonitas e peculiares da tempada. As condicións únicas da baía pasaitarra obrigan a cambiar o formato da competición, e iso obrigará ás embarcacións a atinar nun dos exercicios máis complicados e espectaculares do remo: a ceavoga. O campo de regateo constará de seis longos e cinco ceavogas, no caso da competición masculina, e de tres longos e dúas ceavogas, no caso da competición feminina. Manobrar ben en todas elas será fundamental para aquelas traíñas que se queiran levar a bandeira.
Este mediodía celebrouse a presentación da II BANDEIRA DA AUTORIDADE PORTUARIA DE PASAIA, no edificio da mesma autoridade, e a ela acudiron o Sr. Lucio Hernando, presidente da Autoridade Portuaria de Pasaia, o Sr. Gorka Reizabal, Xefe de Comunicación da Autoridade Portuaria de Pasaia, e o Sr. Josetxo Aranburu Presidente de Sanpedrotarrak AE. A xornada do domingo comezará ás 12 do mediodía, coa disputa da Bandeira Euskotren. Cabe destacar que a distribución de quendas da Liga San Miguel realizarase baseándose na clasificación da regata disputada a véspera en Ribamontán al Mar.