Novas 2024
COMPETICION
08 Ago 2024
A elite do remo regresa á baía de Pasaia no domingo
A última regata da Liga Eusko Label e a Liga Euskotren desputada alí foi no 2018.
Este mediodía presentáronse a Bandeira Gertu Eraikuntzak e a I. Bandeira Adinberri na Confraría de Pescadores de Pasaia San Pedro. Teo Alberro, alcalde de Pasaia, Rakel San Sebastián, Directora da Fundación Adinberri, Lander Fernandez, Xerente de Gertu Eraikuntzak e Xabier Isasa, presidente de Sanpedrotarra foron os encargados de presidiren o acto.
Lander Fernandez, Xerente de Gertu Eraikuntzak, fixo fincapé nos valores do remo: "Como empresa de recente creación, Gertu quixo sumarse co seu apoio á Liga Euskotren e porlle o seu nome á Bandeira de Pasaia, porque o remo, e remar, simbolizan moitos dos nosos valores. Remar é para nós, igualdade, traballo, sacrificio, renuncia, paixón, intensidade, proximidade, equipo…"
Rakel San Sebastián, Directora da Fundación Adinberri amosouse feliz por lle dar nome á bandeira: "Para Adinberri é unha honra formar parte do remo, un deporte moi enraizado en Gipuzkoa. Vemos un aliñamento moi claro cos retos que persegue a nosa estratexia".
Teo Alberro, alcalde de Pasaia, desexou sorte para a traiñeira local e animou a veciñanza de Pasaia a desfrutaren do evento que conta con grande tradición na vila.
Xabier Isasa, presidente do club Sanpedrotarra Arraun Elkartea quixo agradecer o seu apoio aos patrocinadores que fixeron posíbel a regata deste domingo.
O campo de regatas de San Pedro conta con unhas características que o fan especial, xa que na Liga Euskotren as tripulacións deberán realizar o percorrido en 3 longos e 2 ceavogas; mentres que na Liga Eusko Label as tripulacións deberán realizar 6 longos e 5 ceavogas.