Novas 2023

COMPETICION

25 Ago 2023

A despedir o mes de agosto

A despedir o mes de agosto A despedir o mes de agosto

Coa desputa das regatas de Ondarroa e Getaria a Liga Eusko Label despedirá catro equipos, quedando coas 8 mellores traiñeiras de cara ao terceiro fin de semana de setembro. 

Esta fin de semana, a Liga Eusko Label competirá na súa cuarta e última fin de semana de agosto. Concretamente, as regatas de Ondarroa e Getaria serán quen despidan o segundo mes da competición coa desputa de XXXIX Ondarroako Bandeira – Cikautxo SN o sábado e a XIV. Getariako Ikurriña. Tras estas dúas xornadas, a competición ficará cos oito primeiros clasificados de cara ás súas dúas últimas xornadas. 

O sábado, en Ondarroa comezará a última fin de semana de competición de agosto coa desputa da XXXIX. Ondarroako Bandera-Cikautxo SN a partir das 18:15 horas. Os catro últimos clasificados da Liga Eusko Label arrancarán a décimo sétima xornada da tempada, e a súa penúltima xornada da tempada. Posteriormente, competirán as catro traiñeiras da metade da táboa, mentres que a partir das 19:13 horas comezarán a vogar as mellores catro traiñeiras da Liga Eusko Label. A tempada pasada, a traiñeira local sorprendeu dende a primeira quenda conseguindo así a súa segunda bandeira na Liga Eusko Label. Hondarribia e Urdaibai nunha ocasión, e Zierbena en tres ocasións tamén ondearon a Ondarroako Bandera nas últimas edicións, polo que se prevé unha loita moi aberta.

O domingo, será a vez de Getaria, que acollerá por segunda ocasión a xornada da Liga Eusko Label a partir das 12:15 horas. Tras a súa estrea na máxima categoría na tempada pasada, a XIV. Getariako Ikurriña pechará o mes de agosto, sendo a última xornada na que as 12 traiñeiras desta tempada compiten xuntas nunha xornada. Bermeo Urdaibai conseguiu a vitoria na tempada pasada, polo que é o único equipo que gañou a Ikurriña da localidade guipuscoana na máxima competición. 

Esta fin de semana tamén servirá para repartir os últimos puntos da clasificación do Mellor Patrón CaixaBank, tras a mudanza realizada nesta tempada. Así, Gorka Aranberri, patrón de Bermeo Urdaibai, ten ao alcance da súa man a posibilidade de levar o trofeo de mellor patrón grazas aos 18 puntos de vantaxe que ten sobre o seu perseguidor Ioseba Amunarriz.  

FAN ZONE
Coa desputa das dúas xornadas, os afeccionados e afeccionadas da Liga Eusko Label terán unha dobre oportunidade para gozaren tanto do espectáculo deportivo, como da FAN ZONE da Liga Eusko Label. O espazo reservado para os afeccionados estará na Praza Itxasaurre de Ondarroa no sábado, e o domingo no porto de Getaria, perto do paddock de traiñeiras.

En ambos casos, quen se achegue á FAN ZONE poderá degustar os produtos Eusko Label á grella, a cervexa da competición, Keler, mentres segue a regata ao detalle na pantalla xigante. Tamén poderá fotografarse co trofeo que acadarán os campións da Liga Eusko Label, a prezada Coroa CaixaBank.  

Voltar