Novas 2021
ESPECIAL
15 Xan 2021
O que di a prensa?
Os medios de comunicación achégannos a información do mercado de fichaxes da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren
Coa chegada do 2021, a pretempada dos clubs da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren continúa e os deportistas seguen a acumular quilómetros nos seus brazos de cara un novo verán de competición. Neste sentido, os planteis seguen a se cubrir para completaren un equipo o máis forte posíbel, para competir cos demais equipos participantes.
Esta semana coñecemos a incorporación, ou máis ben, o regreso dun dos piares de aquel equipo de 2019 de Donostia Arraun Lagunak, que levou o equipo da capital a conseguir o subcampionato da Liga Euskotren. BERRIA vén de publicar unha entrevista con Eztitzen Duke, remeira bizkaina, que logo dun ano fóra do equipo por mor dos estudos, voltou á ‘Lugañene’ para esta tempada 2021.
Outra incorporación que aconteceu no fin do ano pasado foi a de que Ugaitz Mendizabal vai ser o patrón de Orio AE para a nova tempada. Tras non competir co primeiro equipo dos ‘aguiluchos’ na Liga Eusko Label 2020, o equipo guipuscoano confirmou que o de Anoeta voltará á popa da ‘San Nikolas’ despois da saída de Gorka Aranberri.