Novas 2019
ESPECIAL
20 Set 2019
O que di a prensa?
Repasamos a actualidade do mercado coa información recompilada entre os distintos medios de comunicación
Fuera de Juego - Radio Euskadi: Nunha entrevista realizada a Gorka Aranberri, patrón de Orio Babyauto, este tivo que desmentir que houbese unha oferta para remar na vindeira tempada en Santurtzi. O patrón zarauztarra dixo porén, que está moi ben en Orio, mais que está disposto a escoitar ofertas.
Deia: Mercado movido nas traiñeiras biscaínas. Oscar Viudez e Carlos Palazuelos deixan Urdaibai Avia para iren á procura de novos proxectos. No caso do cántabro, o seu destino sería Zierbena Bahías de Bizkaia, onde desembarcará tamén Sergio Montenegro. No apartado de baixas, o remeiro ‘galipo’ Jaime Ríos, dará o salto á motora para se ir no novo adestrador de Portugalete.
Berria / El Diario Vasco: Gonzalo Carrión, veterano remeiro de GO fit Hondarribia decidiu deixar a proa da ‘Ama Guadalupekoa’ logo de máis de vinte anos en activo. Aínda que Txalo non estea o vindeiro ano que na traiñeira hondarribiarra, a súa intención é seguir ligado ao club da súa vida.
Alerta: Logo de conseguir este ano o ascenso como adestrador de Orio B na ARC1 e saír vencedor co primeiro equipo ‘aguilucho’ na Eusko Label Liga, o castreño Alexander Esteban pasará a ser adestrador de Deusto Bilbao, co obxectivo de conseguir o ascenso á elite do remo no 2020.
Diario Vasco: Zarautz Babyauto comeza a preparar a súa tempada de regreso á Eusko Label Liga e confiará no bloque que conseguiu o ascenso este ano, dando moita importancia á canteira. O club guipuscoarra confía en que Gari Uranga seguirá a liderar este ilusionante proxecto na máxima categoría do remo.