Novas 2017
ESPECIAL
30 Ago 2017
Até o ano que vén, Cabo!
Cabo remata a tempada da Eusko Label Liga na décima posición
Rematada a tempada regular da loita pola Coroa CaixaBank, é o momento de comezar coa ronda de valoracións dos equipos que xa deron por finalizada a súa participación nesta edición da Eusko Label Liga. Cabo, que o pasado domingo completou frente a súa afección unha grandísima regata, rematou a tempada no décimo posto con 71 puntos e despídese daquela da competición até a campaña seguinte, cando voltarán dalo todo por mellorar os rexistros deste ano.