Novas 2012

COMPETICION

09 Ago 2012

DOBRE CITA EN ZUMAIA, CASE DECISIVA NA LIGA EUSKOTREN

DOBRE CITA EN ZUMAIA, CASE DECISIVA NA LIGA EUSKOTREN

Dispútase a 12ª regata da Liga San Miguel, e a 6ª da liga feminina

Este domingo dispútase en Zumaia a 12ª proba puntuábel da Liga San Miguel: ZUMAIAKO XXVII. IKURRINA. Boa oportunidade para a Telmo Deun, a traíña da casa, para intentar deixar atrás o 11º posto, e se librar do tan temido play-off. Coñecen o campo de regatas mellor que ninguén e han procurar tirar beneficio desa situación. En Hondarribia máis da metade da regata dispútase en mar aberto, e en Zumaia, toda a regata dispútase a mercé das ondas, mareas e correntes.

 

Este mediodía celebrouse a presentación da regata no Centro de Interpretación Algorri de Zumaia, e a ela asistiron o Sr. Iñaki Ostolaza, concelleiro de Deportes de Zumaia , o Sr. Santi Ipiñazar, representando a El Diario Vasco, e o Sr Luis Mari Goikoetxea, presidente de Zumaia AE. Ademais da regata da Liga San Miguel, presentouse a III. Bandeira El Diario Vasco, correspondente á 6ª xornada puntuábel da Liga Euskotren. Sexta de oito, regata importantísima, a falta da dobre xornada que se vai disputar en Zarautz o vindeiro fin de semana. Derradeira oportunidade para Getaria-Tolosa para se reenganchar ás opcións de título, e loita pechada entre Rianxeira Mecalia e Zumaia-Salegi por manteren o liderado.

 

A regata comezará coa competición feminina, ás 12h00 e unha vez rematada esta proba, a regata da Liga San Miguel. As quendas estabeleceranse en base á clasificación da regata da véspera.

Voltar