Novas 2019

ASOCIACION

21 Mar 2019

A ACT reúnese en Bermeo

A ACT reúnese en Bermeo

Os socios da Asociación reúnense este sábado a partir das 9:30 horas no Museo do Pescador da localidade biscaína

Nova sesión asemblearia para os clubs socios da ACT a partir das 9:30 horas do sábado. O club campión da pasada edición da Eusko Label Liga, Urdaibai Avia, exercerá de anfitrión nesta xornada de Asemblea desputada no Museo do Pescador de Bermeo, na que se debaterá sobre varios aspectos desta nova tempada da máxima categoría do remo.

O punto máis salientábel desta sesión será a aprobación do calendario de competición, que levará os clubs a desputaren de novo a ansiada Coroa CaixaBank. Do mesmo xeito, aprobaranse os encontros que van conformar a Liga Euskotren deste verán. Por último, tamén se presentará aos socios o orzamento da Asociación para este ano 2019.

Voltar