Novas 2019

ENTREVISTAS

14 Mar 2019

"O equipo ten vontade de morder e está a ollar cara riba"

"O equipo ten vontade de morder e está a ollar cara riba"

Igor Makazaga, adestrador da Donostiarra, quere dar canda os seus remeiros un paso adiante esta nova tempada da Eusko Label Liga

Dentro xa de cheo nos meses que preceden a unha nova tempada da Eusko Label Liga, cada club comeza dar pinceladas na pretempada das súas intencións e capacidades de cara o verán.                 

É por isto que chegou o momento, un ano máis, de preguntar aos que máis saben dos clubs que remarán este verán na máxima categoría do remo, os propios adestradores. Comezamos esta ronda de doce vídeos con Igor Makazaga, que afronta neste 2019 a súa terceira tempada ao mando da Donostiarra.

O técnico pasaitarra amósase satisfeito co traballo realizado polos seus durante o inverno e califica como positiva a súa forma a estas alturas da pretempada. Un plantel que segundo Makazaga pode que sexa máis curto que a tempada pasada, mais mellora as prestacións a respecto do ano pasado.

O preparador guipuscoano non agocha que este ano o equipo debe dar un paso cara adiante e marca o obxectivo de mellorar os resultados obtidos na Eusko Label Liga 2018, na que acabou en sétima posición.

Voltar