Novas 2018
ESPECIAL
07 Mar 2018
Kibor supérase coa ACT
A firma guipuscoana convírtese en official partner e encargarase, entre outras cousas, de dar formar á pel dos diferentes líderes da máxima competición
"Superámonos contigo". Isto di o 'claim' de Kibor e é que a máxima desta firma deportiva é ir medrando e mellorando os seus produtos canda a experiencia dos seus deportistas. Unha firma que será a encargada de desenvolver a pel do campión da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren, así como do mellor patrón CaixaBank. Kibor sobe deste xeito á traiñeira da ACT para comezar unha navegación conxunta como official partner da competición.
Esta firma de téxtil, malia a súa xuventude como marca, fíxose un oco referente no mundo do remo. Até seis clubs da Eusko Label Liga confían a creación das súas prendas na marca guipuscoana. Mais a actividade de Kibor non se concentra apenas no mundo do remo, moitos clubs de renome de outras disciplinas como o balonmán, rugby ou baloncesto confían no bo facer desta marca téxtil.
Un dos grandes valores de Kibor reside na constante evolución e avance dos seus deseños. Un labor, cómpre sinalar, que se traballa de forma conxunta co deportista para tratar de buscar o maior conforto e efectividade. Exemplo desta aposta é o espazo deportivo que teñen dentro da propia sede de Kibor, onde os deportistas proban in situ as prendas. Reflexo de todo este constante traballo é que, a día de hoxe, Kibor ofrece o platanito máis lixeiro do mercado, con apenas 126 gramos de peso e con un tecido que permite ao deportista o conforto total.
Daquela, Kibor e a ACT arrían estachas nunha navegación que as levará a surcar de formar conxunta aqueles mares nos que se libren batallas pola Coroa CaixaBank. No acto da asinatura estiveron presentes Yolanda Muñoz, xerente de Kibor, e Igon Lertxundi, tesoureiro da ACT.