Novas 2020
ESPECIAL
08 Xu˜ 2020
Volta á auga!
Acompañamos a Zierbena Bahías de Bizkaia no seu primeiro adestramento grupal despois do confinto
Tras case tres meses de confinto os clubs bascos da Eusko Label Liga e da Euskotren Liga voltaron hoxe aos adestramentos na auga. O comezo da competición está a cada vez máis perto e os clubs deberán aproveitar o mes que fica de marxe para ultimaren a preparación de cara a primeira xornada da tempada.
Hoxe acompañamos os remeiros de Zierbena Bahías de Bizkaia na súa volta aos adestramentos grupais na auga. Os mozos de Juan Zunzunegui regresaron á traiñeira logo de perto de 90 días a adestraren na casa.