Novas 2018

ESPECIAL

19 Feb 2018

Hondarribia manda tamén en Orio

Hondarribia manda tamén en Orio

A 'Ama Guadalupekoa' imponse no Descenso do Oria mentres San Juan Iberdrola fai o propio na proba feminina

Xornada para a lembranza a deste sábado en augas do Oria. Até a localidade oriotarra achegáronse un total de 94 embarcacións nunha das grandes datas do calendario invernal, o Descenso do Oria. Unha xornada que comezou o venres coa inauguración da Feira do Remo e se extendeu durante todo o sábado, poñendo o colofón co Descenso. Unha proba moi emocionante e axustada, na que Hondarribia, con un tempo de 19’22”56, conseguiu a vitoria con un segundo de renda frente Zierbena Bahías de Bizkaia, mentres que Orio Babyauto foi terceiro a cinco segundos. O cuarto posto foi para o vixente campión da Coroa CaixaBank, Urdaibai Avia, a 23 segundos, mentres que Donostiarra, quinto, ficou a 25 segundos. Loita pechada tamén entre Ondarroa Cikautxo, a 34 segundos, e Santurtzi Iberdrola, a 35 segundos, ocupando ambos a sexta e sétima posición respectivamente. Completaron as tripulacións da Eusko Label Liga, San Pedro en oitava posición a 49 segundos e San Juan Sumelec, décimo, a 52 segundos. 

Por outra banda, nas mulleres, a vitoria foi de novo para San Juan Iberdrola con un tempo de 14’26”84, mentres que Orio Babyauto, a catro segundos, e Arraun Lagunak, a 25 segundos, completaron os postos de honra.

Voltar