Novas 2019

ESPECIAL

11 Xu˜ 2019

Así locen os campións!

Así locen os campións!

Xa están aquí os maillotes dos líderes da Eusko Label Liga, da Liga Euskotren, o do Mellor Patrón CaixaBank e o da Mellor Patroa

Un ano máis os maillotes que vestirán os líderes da Eusko Label Liga, da Liga Euskotren e o Mellor Patrón CaixaBank serán deseñados polo noso Official Partner Kibor. Este ano como novidade, a Liga Euskotren tamén premiará o labor das patroas, e polo tanto, do mesmo xeito que o mellor patrón da Eusko Label Liga, este verán a patroa máis destacada da competición feminina condecorarase vestindo o maillote da Mellor Patroa.

Como vén sendo habitual dende o ano pasado, o equipo líder da competición masculina vestirá o maillote vermello e negro de Eusko Label, que neste caso vén cun deseño que emula o relevo da Cornixa Cantábrica, contorno natural da competición. O de Mellor Patrón CaixaBank, continuará a vestir de branco ao líder desta clasificación. En canto ás mulleres, a embarcación líder da Liga Euskotren terá un maillote coa súa característica cor azul clara, mentres que a Mellor Patroa estreará un maillote azul oscuro coas mangas brancas.

Os maillotes están preparados aquí para o primeiro encontro desta tempada. Quen vestirá esta tempada estes maillotes? Fagan as súas apostas!

Voltar